imagen1 imagen2 imagen3 imagen4
Asistencia e Investigación
dos Trastornos da Personalidade

Colaboran con nosotros:

Sergas Consellería Traballo Fundación Mapfre Concello Santiago de Compostela Voluntariado galego Diputacion de la Coruña La Caixa

Plan de Voluntariado

As persoas con trastornos da personalidade presentan problemáticas que afectan ó seu funcionamento psicosocial, á súa participación na sociedade e dificultan o desenvolvemento das súas capacidades funcionais en relación á vida cotiá. Nalgúns casos estes trastornos afectan gravemente á convivencia familiar.

O Programa de Voluntariado nace coa finalidade de tratade mellorar a calidade de vida das persoas afectadas por un Trastorno de Personalidade e as súas familias, a través da acción voluntaria. Así coma dar a coñecer os servizos que presta a nosa entidade, difundindo información sobre un Trastorno que hoxe en día continua a ser un descoñecido.

OBXECTIVO XERAL

  • Fomentar a participación do voluntariado en tódolos programas que se leven a cabo na asociación, en relación coas familias e persoas afectadas.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

  • Aumentar a sensibilización e información con respecto ós trastornos de personalidade mediante a participación de voluntarios nas actividades realizadas na asociación.
  • Formar ó persoal voluntario no ámbito dos trastornos da personalidade para unha mellor comprensión da problemática.
  • Proporcionar un apoio social puntual ás persoas afectadas e ás familias, nas diferentes actividades organizadas pola asociación.

ACTIVIDADES

  1. Programa de Acompañamento Educativo. Consiste e proporcionar, a través dun voluntario/a un apoio social, laboral e psicolóxico puntual as persoas afectadas con trastorno de personalidade.
  2. Actividades de Respiro Familiar .“Só coidando de nós mesmos poderemos coidar dos demais”. Coa participación activa do voluntariado levaranse a cabo as seguintes actividades:
    • Puntos de encontro: Onde as familias se involucren na vida da asociación.
    • Obradoiros de relaxación.
  3. Actividades de Autocoidado para Persoas con Trastorno de Personalidade .
    • Obradoiros de expresión corporal.
    • Grupos de psicoeducación.
  4. Actividades para a Difusión e Sensibilización da Asociación .
    • Campañas de divulgación.
    • Mesas informativas.
    • Elaboración de material divulgativo e dun Boletín Informativo.
    • Actualización da páxina web da Asociación.

TEMPORALIZACIÓN

O programa de voluntariado levarase a cabo nas seguintes fases:

  • Unha primeira fase captación de voluntarios a través de anuncios en páxinas web, actividades de sensibilización e convenios con diferentes institucións.
  • Unha segunda fase de acollida na que se fará unha primeira toma de contacto coa persoa voluntaria e se lle explicarán os obxectivos do programa e actividades.
  • Unha terceira fase de formación, cunha duración de 8 horas e no que se dota á persoa voluntaria de coñecementos específicos sobre as características dos trastornos da personalidade. Este curso realizarase unha ou dúas veces ó ano en función das necesidades e da demanda do voluntariado.
  • Unha cuarta ase de incorporación ós diferentes programas e actividades que se levan a cabo na asociación.
  • E por último, a fase de seguimento/avaliación onde se valorará a integración da persoa voluntaria nos distintos programas.


Valid XHTML 1.1! Valid CSS!
anteriorMarzo 2024posterior
LunMarMerXovVenSabDom
----123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031