OBXECTIVO XERAL
O obxectivo xeral é axudar ós/as afectados/as por TP, para logra-la súa integración social na comunidade e mellora-lo seu funcionamento psicosocial, de modo que lles permita manter unhas condicións o máis normalizadas e independentes que sexa posible, proporcionando un beneficio directo sobre o seu contorno familiar.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
Os obxectivos específicos do programa serian: mellorar a area social, laboral e psicolóxica-emocional e de autocuidado.
A nivel social, proporcionar un apoio social puntual os afectados para o desenvolvemento de habilidades sociais na súa relación cos demais.
A nivel laboral, dotar dun apoio laboral na realización de itinerarios de procura activa de emprego para a incorporación destas persoas á vida laboral.
A nivel psicolóxica e emocional, favorecer un modelo de conduta,pensamento,sentimento e percepción de si mimos axeitados para mellorar ás areas psicolóxicas e emocionais.
A nivel de autocuidado, favorecer un modelo axeitado de autocuidado en diferentes areas como pode ser a promoción de hábitos saudables(alimentación, sono,exercicio)
POBOACIÓN DESTINATARIA
O programa de acompañamento educativo iría dirixida a persoas afectadas por trastorno de personalidade, que tiveran unha certa estabilidade, entendendo esta estabilidade a nivel persoal, e dicir, que a persoa afectada acuda a terapia psicolóxica e cunha medicación psiquiátrica cunha certa continuidade.
TEMPORALIZACIÓN DO PROGRAMA DE ACOMPAÑAMENTO EDUCATIVO
O programa de A.E. levaríase a cabo en varias fases:
Fase 1. Selección e formación de persoal voluntario ante determinadas situacións
Fase 2. Pre-acompañamento
Fase 3. Elaboración do PEIA( Programa Educativo Individualizado de Acompañamento)
Fase 4. Establecemento dun contrato de A.E. entre a persoa afectada, voluntariado e coordinador do programa e realización do mesmo
Fase 5. Seguimento do A.E. e Avaliación.